domingo, 26 de febrero de 2017

Cronica

O Pasado domingo 19 de febreiro nova ruta coa asociación de sendeirismo Paso Miúdo.

Saímos de Ferreira cara a San Andrés de Teixido en autobús .

Paramos a desayunar en Cedeira , que era o lugar onde iamos a comezar a ruta, onde se podía ver a estatua da Maruxaina e ruínas de un castelo.

Saímos andando hacía San Andrés. todo costa arriba por o monte nun camiño cheo de pedras, barro e arbores caídos debido o temporal de días atrás.

Camiño dificultoso polas súas pronunciadas subidas e baixadas, pero bonito, cara a man dereita iamos vendo o mar e os seus acantilados.

Xa despois de levar dúas horas andando, paramos a facer un tente en pe xunto a Costa Pequena.

Camiño do repetidor, puidemos ver a Igrexa de San Andrés ao lonxe, e pouco a pouco fómonos acercando a ela. O chegar a San Andrés visita obrigada a súa igrexa, e a fonte dos tres canos, aló abaixo por escaleiras preto dun acantilado mesmo xunto o mar.

A hora de xantar comemos no Mesón Eiravella, moi boa xente e moi bo trato.

Cando rematamos a comida collemos o autobús e volta para Ferreira.

Boa ruta e esperando a seguinte.

Un saúdo

Joselina Balseiro



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario